O Grupo Brath estrea nova páxina web www.brath.es
BRATH celebra este ano o seu cuarto de século de existencia. Nestes 25 anos o grupo que lidera Eloi Caldeiro gravou 7 CDs e varias bandas sonoras para cine, Tv. e participou en discos colectivos e recopilatorios ; no ano 2001 foi nomeado aos premios da música co tema “BURKA” como mellor canción en galego, así mesmo levaron a súa música a diferentes países de Europa e América, nos cerca de 1000 concertos que levan realizado nestes 25 anos.
Caldeiro, compositor voz e batería de BRATH, foi pioneiro na fusión da música galega con outro ritmos e estilos. Xa no ano 1976 funda o grupo de rock galego “TEBRAS”, onde ademais de cantar en galego mesturaba por primeira vez a gaita coa batería e as guitarras eléctricas, no que se deu en chamar Rock progresivo.
No ano 1980 funda con outros músicos BRATH, con filosofía semellante a anterior, pero abandonado os textos nos temas. Inicialmente Eloi foi o batería e percusionista do grupo, pero a partir do ano 1999 ademais da batería pon a voz pois a partir deste ano, BRATH abandona a liña instrumental, para incluír letras nos temas. Durante os anos 85 e 86, Caldeiro dirixe e presenta un programa na cadea de Radio Ondas Galicia, o programa FOLK 7, por este programa no ano 1985 consegue o “Premio Galicia de Xornalismo” ó mellor programa musical. Así mesmo foi premiado en Literatura con diversos galardóns, e ten editado diversos libros de poemas, e colabora semanalmente en diferentes medios de comunicación. No ano 1988 funda a Compañía Discográfica SONS GALIZA.
Para celebrar estes 25 anos, BRATH edita un novo disco titulado “INTRES” que xunto a un CD de chillout de aparición o pasado mes de Decembro compilando algúns temas emblemáticos da súa carreira discográfica e temas compostos por Eloi Caldeiro para o cine e a tv. denominado xenericamente “BULEVAR OCEANO” Vol. I, así como un libro de poemas dos últimos anos co recitado dos mesmos na voz de Eloi Caldeiro e letras con músicas adaptadas dos temas dos tres últimos discos, será a forma en que BRATH (Eloi Caldeiro) se propón celebrar estes 25 anos.
Muxa
Lugo