RITOS E TRADICIÓNS, NO PORTAL FUTUROLOGÍA.INFO
www.futurologia.info Inclúe diversas recomendacións para a noite de San Xoán
Galiciadigital.com ofrece unha variada e ampla información sobre ritos
e tradicións no seu portal de Futuroloxía. Trátase dunha das máis de
dez seccións que integran este portal que combina información sobre o
mundo dos astros e a súa influencia vital, con datos sobre os soños, os
amuletos, a maxia dos perfumes, prantas medicináis ou os inciensos.
Así, no apartado de rituais pódese atopar todo tipo información sobre
qué facer na noite de San Xoán, o 23 de xuño, cando se desexa que unha
relación funcione, cando precisamos protexérmonos dun mal de ollo ou da
infidelidade, se queremos conseguir ou manter un traballo, atraer o
amor, conseguir unha potenciación sexual, a unión coa parella, iluminar
o camiño, coidar da saúde, manter a tranquilidade no fogar e que non
falten os cartos na familia. Para cada desexo existe un ritual axeitado
que Ana Moscoso da a coñecer, e que complementa con outros rituais de
San Valentín e Outono, así como os máis específicos relacionados co
amor, o traballo ou a saúde.
E xunto aos rituais, o portal de Futuroloxía de "www.galiciadigital.com"tamén informa das principais características de cada signo zodiacal e
ofrece un pronóstico semanal dos diferentes horóscopos. Dúas seccións
que integran o conxunto dos contidos deste portal que tamén da a
coñecer datos curiosos sobre os amuletos e os seus usos, sobre a maxia
dos perfumes naturais e sobre os inciensos cada vez máis utilizados nos
fogares e lugares de traballo, e sobre os que existen tamén
determinados rituais nos que se conxugan unha data concreta, un desexo
e un tipo de incienso como o de clavel, perexil, azucena, verbena ou
orquídea. Elementos que, asociados, sirven para axudas aos xóvenes en
época de exames, para sentir paz e serenidade, calmar tensións, relaxar
o corpo e a mente, ou para recargar enerxía.
Futuroloxía é un dos máis de vinte portais que conforman a plataforma
www.galiciadigital.com que segue medrando para ofrecer toda a
información, contidos e servicios sobre Galicia na Rede.