La Coral del Hospital Xeral-Calde participa en la celebración del centenario de la fundación del Centro Gallego de Buenos Aires
La agrupación musical lucense, invitada por la colectividad gallega,
ofreció tres conciertos en el Teatro Castelao, el Centro Galicia y la
Residencia Hogar de Domselar. www.coralxeralcalde.info
La Coral del Hospital Xeral-Calde de Lugo participó en la celebración del centenario de la fundación del
Centro Gallego de Buenos Aires, en Argentina. Invitada por la
colectividad gallega, la agrupación musical lucense ofreció tres
conciertos en el Teatro Castelao, el Centro Galicia y la Residencia
Hogar de Domselar.
Nota de prensa remitida por la Coral del Hospital Xeral-Calde de Lugo:
Regresou de Arxentina a primeira quenda de membros da Coral Hospital
Xeral/Calde, que preside Edelmiro Ulloa Rodríguez, despois de ofrecer
tres extraordinarios concertos na cidade de Buenos Aires e na súa
entorna. A xa veterana Coral lucense foi
invitada polo Centro Galego para inaugurar unha serie de actividades
culturais que van celebrar durante o ano 2007, co gallo da
conmemoración e celebración do centenario da súa fundación.
Ademais da espléndida actuación no famoso Teatro Castelao do Centro
Galego de Belgrano fixérono tamén antes no Centro Galiza e na
Residencia Fogar de Domselar (San Vicente) que acolle, en réxime de
internado, a medio cento de galegos e galegas (13 deles da provincia de
Lugo) maiores de 82 anos, que reviviron unha morea de lembranza se
sentimentos.
As numerosas persoas da colectividade galega e de porteños que
asistiron ás actuacións quedaron gratamente impresionadas polo acertado
repertorio, pola súa presentación e pola maxistral execución tanto no
tocante á mostra de música popular galega e pasaxes clásicas de
zarzuela como pola interpretación da música sudamericana, con tango
incluído. A pesar do cambio de horario e o cansazo acumulado despois da
longa viaxe, o coro soubo responder extraordinariamente ben dirixido
polo talento, mestría e forza do seu director Fernando G. Jácome, coa
brillante colaboración do pianista vilalbés Aurelio Chao e a soprano
Irina Bunkoba. Foron presentados, en galego e en castelán, polas
veteranas locutoras Tonina, da SER de Lugo, e Rosa, de RNE de Monforte.
Outro fermoso e modélico xeito de visitar América e de encher de
ledicia aos nosos veteranos emigrantes. A súa acollida, felicidade e
agradecemento, reflectidos nas súas chorosas facianas, compensaron
amplamente o esforzo (mesmo económico) desta nosa, sempre altruísta,
agarimosa e mesmo desinteresada embaixada cultural lucense.